Compartir
Contos da Coruña (en Gallego)
Xurxo Souto
(Autor)
·
Xerais De Galicia Edicions
· Tapa Blanda
Contos da Coruña (en Gallego) - Xurxo Souto
Libro Nuevo
Importado
Envío: 10 a 15 días háb.
₡ 18.018
Libro UsadoBuen Estado
Importado
Envío: 9 a 14 días háb.
₡ 13.937
Costos de importación y 13% IVA incluídos en el precio ✅
Reseña del libro "Contos da Coruña (en Gallego)"
Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares. As Xubias. Eirís. Os Castros. A Gaiteira. Oza. O Montiño. Monelos. Elviña. Fontán. San Roque. O Labañou. que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes. entre o palco da festa e o peirao do Muro. polo toque do acordeón e o golpe de mar. Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York). enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro. Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete. o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes. cantantes preciosistas; o ciclista Clemente; ou Manuel Cajaraville. o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito. que nos leva dende o Bar Los Claveles. sede do esplendor da tapa de orella prensada. ata A Toquera. refuxio de mariñeiros. ou á apoteose de os Peteras dos Belés. taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do cantigueiro cascarilleiro. inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular. Contos da Coruña é. pois. un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia. agora felizmente cartografadas nos bares. tascas. baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
El libro está escrito en Gallego.
La encuadernación de esta edición es Tapa Blanda.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.