OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - ESTUDOS LITERARIOS
Compartir
Historia Da Literatura Infantil E Xuvenil Galega (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Estudos Literarios)
Blanca-Ana Roig Rechou
(Autor)
·
Xerais
· Tapa Blanda
Historia Da Literatura Infantil E Xuvenil Galega (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Estudos Literarios) - Blanca Ana Roig Rechou
Libro Nuevo
Importado
Envío: 8 a 13 días háb.
₡ 19.946
Costos de importación y 13% IVA incluídos en el precio ✅
Reseña del libro "Historia Da Literatura Infantil E Xuvenil Galega (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Estudos Literarios)"
A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido. baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou. A súa principal pretensión é cubrir o baleiro existente ao redor do coñecemento sistemático da produción que se destina ao público lector infantil e xuvenil. na actualidade felizmente canonizada e que conta xa con auténticos clásicos que conviven coas voces que se foron incorporando ao longo dos anos. como reflicte este traballo. A partir da organización secuencial en séculos. e seguindo a metodoloxía establecida polas teorías sistémicas e as achegas doutros paradigmas teóricos. os seis capítulos nos que se estrutura o volume van conformando un percorrido historiográfico no que se describen as diferentes etapas existentes na constitución do sistema literario infantil e xuvenil. atendendo aos factores e axentes que propiciaron a súa conformación e asentamento. e á análise das obras dos xéneros literarios canónicos. As investigadoras que realizaron este traballo (Blanca-Ana Roig Rechou. Eulalia Agrelo Costas. Pilar Bendoiro Mariño. Mar Fernández Vázquez. Carmen Ferreira Boo. Isabel Mociño González. Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto) están vinculadas ás seguintes iniciativas e institucións que acollen a Literatura Infantil e Xuvenil: o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias. artísticas. interculturais e educativas» da USC; a Rede temática de investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI); os proxectos «Informes de Literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil» do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS. e a Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia.
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
La encuadernación de esta edición es Tapa Blanda.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.